Xa podedes ver o vídeo que grabaron todos os nenos e nenas do cole sobre o Día Escolar da non Violencia e a Paz baixo o lema “RespectArte, ValorArte e EmocionArte con Tilandra.
Cada grupo/clase coloreou unha man (mandala) da paz, actividade relacionada co proxecto “EmocionArte con Tilandra”.
Gravouse a todo o alumnado coas voces da canción e unha pequena coreografía nas clases de Educación Musical.
A maiores, un grupo de voluntarios e voluntarias de 5º e 6º de primaria, sacrificando recreos e momentos libres, gravaron o acompañamento instrumental da peza.
Noraboa a alumnos/as e profesorado polo voso traballo!!