” Para poder ao cole volver a Tilandra teredes que obedecer”
Un Entroido máis, Tilandra quere que os nenos e nenas do colexio dos Tilos se divirtan e que a súa imaxinación voe moi lonxe, concretamente ata México e Holanda, que son países orixinarios dos protagonistas dos Mandatos:
Frida Kahlo ou Vicent Van Gogh
Atención, fixádevos ben para cumprir os mandatos de Tilandra!!
Seleccionade un dos pintores Frida Kahlo ou Vicent Van Gogh e cada día da semana engadiredes un complemento máis.
O venres ó cole iredes caracterizados do pintor ou pintora elixidos e tamén haberá un “photocall” para sacarvos unhas bonitas e inesquecibles fotos.


Os Mandatos comezan o luns 8 de Febreiro e rematan o Venres 12.