Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos

IMPORTANTE – COMUNICADO SITUACIÓN ACTUAL DO COMEDOR

Apreciadas familias,

Dado que xa estamos en Febreiro e a situación do comedor no Ceip Os Tilos segue en solucionarse, a Xunta Directiva da Anpa acordamos explicarvos detalladamente como está sendo a xestión:

Como ben sabedes, en Agosto acordouse en Asamblea de Socios que a Anpa Cobas deixaba de xestionar o comedor do Ceip Os Tilos debido ós protocolos establecidos pola pandemia do Covid-19 e se cedía a xestión ó Concello ou á Xunta se o primeiro o descartaba, o cal así sucedeu e se lle notificou á Consellería de Educación da Xunta de Galicia a cesión do mesmo.

Dende ese momento, a Anpa púxose a disposición deles e seguimos todos os pasos que nos indicaron, os cales vos detallamos:

  • Enviouse a petición en Agosto á Consellería mediante Rexistro e responderon vía mail para que se celebrase unha nova votación e o posterior envío da Acta.
  • En Setembro notificóuselle á Xunta que a segunda reunión iba con retraso polas restriccións do momento debido á pandemia e finalmente o 21 dese mes se aproba novamente a cesión do comedor e así se notifica.

Dende ese momento, tanto en Outubro como en Novembro ningúen se pon en contacto coa Anpa e somos os membros da directiva quenes semanalmente chamamos a Javier Lourido, Responsable da Xestión dos comedores escolares para que nos informe do estado da petición, indicándonos este sempre que o están a estudiar pero nunca concreta unha resposta.

É o 10 de Decembro cando a Presidenta da Anpa lle volve a chamar e vía telefónica Javier Lourido lle comunica:

  • Que a Consellería de Educación da Xunta non asumirá a xestión do comedor por estar o curso xa en curso
  • E que derivan esa xestión ó Concello de Teo co seguinte acordo:
    • A Xunta envía a subvención económica ó Concelllo
    • O Concello ten que comprometerse a asumir a xestión do comedor durante dous cursos, é dicir, ata o curso 21-22 incluido.
    • Se o Concello acepta podería poñerse en marcha o comedor no Ceip Os Tilos en FEBREIRO 2021

*Aquí queremos puntualizar que o Concello tería que asumir a xestión aproximadamente dende Febreiro a Xuño 2021 e o curso íntegro 21-22, é dicir, un curso e medio.

Tras esto, poñémonos en contacto con Mayte Argibay –Concelleira de Educación do Concello de Teo e programa unha reunión coa Anpa o día 16 de Decembro, nal cal expoñemos como foi a xestión do comedor ata ahora e o acordo proposto pola Xunta, o cal en principio ían aceptar.

Tras varios días de deliberación, infórmasenos o día 21 de Decembro por vía telefónica con Maye que o Concello de Teo tampouco asume a xestión do comedor e rexeita o acordo coa Xunta porque consideran que é competencia da Consellería de Educación levar a cabo este servizo e non eles.

O día 22 de Decembro volvemos a enviar a petición de Xestión á Consellería da Xunta e a establecer contacto semanal con Javier Lourido, o cal nos indica novamente que o están a estudiar pero non nos concreta nada.

Tras un mes de espera sen resposta, o 21 de Xaneiro volvemos a enviar outra petición e solicitamos unha resposta inmediata, a cal a día de hoxe ainda non temos.

O último contacto con Javier Lourido é o Luns 1 de Febreiro vía telefónica coa Presidenta da Anpa no que lle di que están a preparar a resposta por escrito pero que no curso 20-21 non asumirán a xestión do comedor e tampouco

nos garantizan que o asuman no curso 21-22 xa que non están obrigados a asumilo porque é un servizo complementario que dan ós colexios e non obrigatorio.

Tras esto, estamos esperando a que nos chegue a resposta por escrito por parte da Consellería onde nos digan os motivos polo que rexeitan a xestión do comedor e nos especifiquen se o asumen no curso 21-22 ou non porque temos serias dudas.

Dende a ANPA queremos manifestar que

  • Dende o primeiro momento a Xunta foi conocedora da situación que tería o Colexio Ceip dos Tilos en tempo e forma
  • En ningún momento se nos notificou nada por escrito e todo foi vía contacto telefónico de forma activa por parte da Anpa e día de hoxe seguimos sen saber ABSOLUTAMENTE NADA por parte da Xunta de Galicia.
  • Sentímonos totalmente abandonados, desprotexidos, sen apoio e tratados cunha absoluta deixadez por parte da Consellería de Educación na xestión de algo tan básico como é ter un servizo de comedor nun COLEXIO PÚBLICO (servizo que sí teñen os colexios públicos de Ramallosa e Calo, do mesmo Concello que o noso centro)
  • Do mesmo xeito, tamén sentimos a falta de implicación por parte do Concello de Teo porque dende Agosto eran coñecedores desta situación no colexio e implicáronse coa Anpa a partir de Decembro (e non antes) co envío de dous escritos á Consellería de Educación tras rexeitar o acordo proposto pola Xunta, o cal nos podería facilitar moito as cousas este curso.

Sabemos que esta situación é inaceptable e que non ter comedor está implicando serios problemas de conciliación familiar e laboral, que menores de idade teñan que estar sen comer nun servizo de espera ata as 15.30h ou que teñan que ir comer solos, polo que seguiremos loitando por algo que consideramos ESENCIAL nun colexio público.

Dende a ANPA Cobas pedímosvos que nos axudedes a dar voz a esta situación de absoluta deixadez e nos axudedes a seguir presionando á Xunta de Galicia para que no curso 21-22 o Colexio dos Tilos teña un servizo de comedor.

Aproveitamos para agradecervos o voso apoio e comprensión e garantizámosvos que estamos a facer todo o que está nas nosas mans e así seguiremos, loitando para que o Colexio dos Tilos teña un servizo de comedor en igualdade de condicións que o resto de colexios do mesmo concello.

Recibide un saúdo,

A Directiva da Anpa Cobas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: