Apreciadas familias
Seguimos dando visiblidade e facendo barullo para que a situación do comedor no Ceip Os Tilos se solucione canto antes e nos garanticen que en Setembro de este ano teremos o servizo.
Como ben podedes ler nas noticias, o alcalde de Teo Rafael Sisto vai solicitar unha reunión co Conselleiro de Educación da Xunta e tamén farase un Consello escolar extraordinario para que toda a comunidade educativa nos apoie.
Agradecemos estas xestións pero danos mágoa que esto non se fixera dende o primeiro momento que se coñecía a situación no colexio dos Tilos (Agosto 2020) e que a Anpa tivera que facer pública esta situación para que se movilicen os recursos.
Confiamos en que esto se solucione canto antes e en Setembro teñamos servizo de comedor
LA VOZ DE GALICIA: El Anpa de Os Tilos reclama una gestión pública para el comedor, que cerró este curso
O CORREO DA ÁREA DE COMPOSTELA: Continúan sin comedor en Os Tilos al discrepar Ayuntamiento y Xunta