Apreciadas familias,
Como podedes ver, a situación do comedor no Ceip Os Tilos séguese a tratar como unha pelota que vai de Xunta de Galicia a Concello de Teo e viceversa , facendo que o tempo pase e sigamos sen solución.
Cando deixarán de importar as cuestións políticas e se priorizará o benestar das familias?
Fai falla explicar cales son as consecuencias de que un colexio público non teña comedor?
SOLUCIÓN XA!! :
Mayte Argibay Silva – Concelleira de Educación do Concello de Teo
Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade