Apreciadas familias,
onte a Anpa Cobas reuniuse no Concello de Teo coa Concelleira de Educación Mayte Argibay para tratar a problemática do comedor e buscar unha solución urxente.
Como podedes ler, o acordo que o Concello nos plantexa é: “estaríamos dispostos a xestionar o comedor ata final de curso sempre e cando a Xunta garanta por escrito a xestión deste servizo dende o próximo mes de setembro”.
Dende a Anpa somos conscientes de que esto non soluciona o problema de xeito inmediato, polo que esperamos que a Xunta de Galicia priorice o benestar dos alumnos e familias e acepte este acordo para non dilatar máis no tempo esta situación.
#solucioncomedorceipostilos #xuntadegalicia #anpacobas#ceipostilos#solucionxa