O concello de Teo está disposto a asumir o servizo ata final de curso pero pide un compromiso da Xunta de que se fara cargo del desde setembro.
O concello lembra que a competencia é da Xunta. O goberno autónomo contestou onte por escrito que non asumiría o comedor por ser un servizo “complementario”. O BNG de Teo levará a cuestión ao Parlamento de Galicia xa que considera que a Consellería ten que dar explicacións sobre porque non asumiu o servizo nos últimos seis meses.
Mentres tanto o Partido Popular de Teo avoga por que o asuma o concello. O voceiro, José Manuel Guerra, dicía nunha nota de prensa que “Resulta moi difícil de comprender como o concello non asumiu aínda a xestión do comedor, tendo contado coas máximas facilidades por todas as partes […] solicitamos un apoio sen fisuras nin excusas á ANPA do CEIP dos Tilos deixando as cores políticas a un lado e os discursos baleiros”.
Ante esta referencia directa a ANPA Lindeiros falou coa presidenta, Isabel Méndez, os pais ven “curioso” que quen mellor pode presionar á Xunta non o faga.
Méndez explica que comezaron coas xestións no mes de agosto, cando se coñeceron os protocolos establecidos pola Xunta para os comedores xestionados por ANPAS
A ANPA engade que o coordinador de comedores, Javier Lourido, pediulles unha documentación que se remitiu o mesmo agosto. A presidenta lamenta que se tivera que chegar aos medios de comunicación para conseguir unha resposta oficial
Isabel Méndez explica que o seguinte paso será mobilizarse. Os pais consideran que foron moi pacientes pero que chegou o momento de facer todo o barullo posible porque hai familias que están tendo graves problemas de conciliación
Un punto e seguido a un conflito que dura xa seis meses e que, polas datas nas que estamos, comeza a dar a sensación de que pode continuar o vindeiro curso.
ENTREVISTA:
http://lindeiros.gal/a-anpa-dos-tilos-pide-ao-pp-de-teo-que-presione-a-xunta-audio/