A ANPA Cobas-Os Tilos continua na loita para conseguir un servizo de comedor para o alumnado de Os Tilos.
Desde agosto de 2020, a ANPA tivo que delegar este servizo na administración por mor da pandemia. Desde entón está realizando as xestións pertinentes para conseguir que a Xunta de Galicia se faga cargo deste necesario servizo para a comunidade educativa (ao igual que é a Xunta quen xestiona os comedores escolares dos centros de Calo e A Ramallosa, tamén do Concello de Teo).
Máis por parte da Consellería de Educación non se obtivo máis ca unha negativa indicando mediante chamada teléfonica á ANPA que “non están obrigados a asumilo porque é un servizo complementario que dan ós colexios e non obrigatorio.”
Son moitos os menores de idade que teñen que agardar sen comer ata as 15.30 h ata que os poidan recoller no colexio
.
As familias síntense totalmente abandonadas, desprotexidas, sen apoio e tratadas cunha absoluta deixadez por parte da Consellería de Educación, que polo momento non deu ningunha resposta formal nin solución a este grave problema.
Non se pode entender que nos tempos que estamos a vivir os nenos e nenas deste colexio sigan sen contar cun servizo ESENCIAL como é dispor de comedor escolar: SOLUCIÓN XA PARA O COMEDOR DE OS TILOS!!! #solucioncomedorceipostilos#xuntadegalicia#anpacobas#solucionxa#fanpacompostela#contodas#paratodas
