Iria Carreira, Deputada do BNG, mantén un encontro con representantes da ANPA dos Tilos

✊ No día de onte mantivemos un encontro con Iria Carreira, Deputada do Grupo Parlamentar do BNG e Manuel Barreiro, Portavoz Municipal de Teo.

Iria Carreira levará ao Parlamento a negativa da Xunta de Galicia a asumir a xestión do comedor no Ceip Os Tilos, polo que dende a Anpa aproveitamos para explicarlle que as familias estamos nunha situación límite por non ter este servizo esencial nun colexio público, e que isto está a ocasionar 👉falta de conciliación familiar-laboral, nenos/as sen comer ata as 15.30h ou comendo solos nas súas casas, así como a posible fuga de alumnos do Ceip Os Tilos e as consecuencias que esto deixará nas aulas do colexio.

Do mesmo xeito lle transmitimos a nosa preocupación pola negativa da Xunta de Galicia e lle expresamos que a Anpa necesita unha solución URXENTE para este curso, ainda que sexa de forma temporal mentras que a 🔴Xunta de Galicia segue actuando con esta IRRESPONSABILIDADE, DEIXADEZ E SEN ASUMIR AS SÚAS COMPETENCIAS🔴

Levamos 6 meses loitando por este servizo esencial, básico e necesario nos tempos que atravesamos e xa estamos cansos de que non se priorice o benestar dos nenos e nenas que estudan no Ceip Os Tilos de Teo.

#solucioncomedorceipostilos #xuntadegalicia #concellodeteo #anpacobas #solucionxa

https://teo.bng.gal/articulo/novas/iria-carreira-deputada-do-bng-manten-encontro-representantes-da-anpa-tilos/20210220213657001184.html?fbclid=IwAR1Gwf-4q7L-daH7ov8UZMLBKCmzgj05o2v05bbO51eP8qO-pf6vLvxU6kg

Deixar un comentario

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos