A estas alturas de curso, o colexio dos Tilos segue sen comedor escolar, cos problemas de conciliación que iso implica para os pais e con nenos que botan sen xantar ata as catro da tarde ou están indo sós a comer á casa
As familias, “ao límite”, reclaman unha solución e desde o Facebook da Anpa (ANPA Cobas-Os Tilos) están cunha recollida de firmas para reclamarlle á Consellería de Educación da Xunta de Galicia que xestione este servizo “esencial”, como xa fai nos outros dous CEIPs de Teo, os da Ramallosa e Calo
#AsNosasEscolas #CEIPOsTilos #SeisMesesSenComedor #NoventaFamiliasAfectadas #Teo #solucioncomedorceipostilos #xuntadegalicia #anpacobas #solucionxa
