O mércores 7 de abril o alumnado de quinto e sexto participou na visita en liña ao corazón do Salón Teatro do Centro Dramático Galego.
Con anterioridade traballaron nas aulas a unidade didáctica “Das musas ao teatro”.
Na visita virtual os alumn@s visualizaron as partes dun teatro e as profesións vinculadas ao mesmo.
Resultou unha experiencia motivadora e fascinante!!