Apreciadas familias,
Como ben sabedes, tíñamos o compromiso do Concello de Teo coa ANPA Cobas de que tras conseguir que a Xunta xestionase o comedor o vindeiro curso escolar, o Concello asumiría o servizo de comidas no que resta de curso 20-21.
A semana pasada recibimos por escrito os papeis da Xunta coa cesión do comedor e tras onte celebrarse un Consello Escolar extraordinario onde se aprobou esta medida, dende a ANPA Cobas confirmamos a posta en marcha do seguinte servizo que resumimos e adxuntamos en pdf:
- HORARIOS:
Servizo completo: 14.00 a 17.00
Sen xantar: 14:00 a 15.30
- PREZOS DIARIOS:
Atención educativa : 2 €
Servizo completo (inclúe xantar) : 3.5 €
- DATAS: Comezo previsto do servizo o 3 de maio. Pendente de confirmar.
- INSCRICIÓN: do 26 ate o 29 de abril . Logo segundo dispoñibilidade.
Folla de inscrición na web municipal.
Un saúdo,
A Directiva da Anpa Cobas