Apreciadas familias,
Dende a Concellería de Educación do Concello de Teo fannos chegar a seguinte actividade:
As AVENTURAS DE LULI.
As nenas e nenos de entre 0 a 6 anos deberán axudar a que a mascota LULI supere as probas que se propoñen en cada localización dun mapa máxico
Trátase dunha serie de 14 vídeos que con periocidade semanal irán subindo aos perfiles do proxecto en Instagram, Facebook e YouTube.
Este é un proxecto elaborado por alumnos da USC, do grao en Educación Infantil, que nos parece moi interesante, xa que ten como finalidade a MELLORA DA EXPRESIÓN CORPORAL e a MOTRICIDADE INFANTIL.
A disfrutar!!!!!