A Xunta de Galicia abre hoxe o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben ás axudas para a adquisición de libros e material escolar para alumnado matriculado en
- Educación Primaria
- ESO
- Educación Especial
En centros sostidos con fondos públicos.
OBXETO:
- Participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO), cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2020/2021.
- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria e en Educación Especial
- Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial.
Según criterios da renda económica do exercicio anterior.
Prazo de solicitude aberto ata o 22 de Xuño.
Onde presentar as solicitudes?
Vía electrónica https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
Ou presencialmente nos propios centros docentes, así como calquer lugar regulado.
Un saúdo,
Anpa Cobas