A Consellería de Educación ten previsto que, no vindeiro curso, 𝐨 𝐩𝐞𝐫𝐢𝐨𝐝𝐨 𝐝𝐞 𝐚𝐝𝐚𝐩𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨 𝐚𝐥𝐮𝐦𝐧𝐚𝐝𝐨 𝐚 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐧𝐝𝐨 𝐜𝐢𝐜𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐞𝐝𝐮𝐜𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐢𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢𝐥 (𝟑-𝟓 𝐚𝐧𝐨𝐬) 𝐬𝐞𝐱𝐚 𝐯𝐨𝐥𝐮𝐧𝐭𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐞 𝐚𝐬 𝐟𝐚𝐦𝐢𝐥𝐢𝐚𝐬 𝐝𝐞𝐜𝐢𝐝𝐚𝐧 𝐬𝐞 𝐚𝐬 𝐬𝐮́𝐚𝐬 𝐜𝐫𝐢𝐚𝐧𝐳𝐚𝐬 𝐟𝐚𝐧 𝐨𝐮 𝐧𝐨𝐧.
Dende a ANPA COBAS e dende a Confederación ANPAS GALEGAS entendemos que é fundamental escoitar primeiro ás expertas sobre este tema para poder tomar esta decisión e tamén valorar con criterio este cambio normativo.
Por esta razón está prevista a Mesa de Expertas telemática:
𝐎 𝐩𝐞𝐫𝐢́𝐨𝐝𝐨 𝐝𝐞 𝐚𝐝𝐚𝐩𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐧𝐚 𝐞𝐝𝐮𝐜𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐢𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢𝐥, 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐜𝐢𝐧𝐝𝐢𝐛𝐥𝐞?
Xoves 27 de maio ás 18:30h
POÑENTES:
Lois Ferradás Blanco Mestre, pedagogo e formador de profesorado de educación infantil. Participou activamente no programa “Preescolar na casa” e foi asesor das Galescolas.
Teresa Sánchez Castaño Profesora do Departamento de Psicoloxía evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Formadora de profesorado de educación Infantil.
Javier Francisco Rouco Ferreiro Profesor na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña e mestre de educación infantil no CEIP Rosalía de Castro de A Coruña. Especialista en Filosofía para crianzas.
Maiuca Cortón Tesouro Mestra de Educación Infantil. Directora do CEIP Plurilingüe de Outes, colabora co Centro Autonómico de Formación e Innovación.que poderá seguirse de forma telemática no enlace:
Consideramos que é unha charla moi importante para as familias que van a comezar a súa andaina nas CRAs ou CEIPs do Concello, xa que toda etapa de escolarización é importante, pero o primeiro contacto con esta nova andadura é especialmente delicada.