Apreciadas familias,
Xa está aberto o prazo de inscrición para o TeoMadruga (servizo madrugadores), para o TeoCoida 1 SEN COMIDA (conciliación mediodía) e TeoCoida 2 (conciliación tardes) organizados polo Concello.
Nas seguintes ligazóns podedes atopar as follas de inscrición, tarifas, horarios e documentación a presentar:
𝐓𝐞𝐨𝐌𝐚𝐝𝐫𝐮𝐠𝐚 https://www.teo.gal/…/convocatoria/teo-madruga-20212022
𝐓𝐞𝐨𝐂𝐨𝐢𝐝𝐚 𝟏 (mediodía SEN COMIDA) e 𝐓𝐞𝐨𝐂𝐨𝐢𝐝𝐚 𝟐 (tarde) https://www.teo.gal/…/convocatoria/teo-coida-20212022
Esta semana comunicarase ás familias a resolución coa asignación de prazas no comedor Xunta de Galicia (80) para que vos poidades organizar coas diferentes opcións de conciliación vixentes.
Como sabedes, o protocolo Covid mantense igual para este curso, polo que a ANPA non vai organizar actividades extraescolares presenciais no colexio.
Aquelas familias que precisen conciliación ó mediodía (sen praza no comedor Xunta) ou polas tardes, terán que solicitar o servizo de TeoCoida1 – 2.
Saúdos
A Directiva da ANPA Cobas Os Tilos