O Samaín é unha festividade celta que marca o remate do verán e o comezo do inverno.
👻As carautas e disfraces formaban parte da festa e implicaban que as persoas ían de porta en porta recitando versos en troques de comida.
En Galicia é tradición tallar cabazas, e cada ano os nenos e nenas do colexio decoran os corredores con elas. 💀🎃
Este curso a talla de cabazas adaptouse ao proxecto Tilandra no camiño. Esta é unha mostra do traballo realizado polo alumnado e as súas familias.
Podedes ver o vídeo da exposición no noso Facebook @anpacobas ou na web do cole: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/node/686