Publicación dos criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria no curso 2021/22

Xúntase a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras, no curso 2021/22

A presente orde ten por obxecto establecer os criterios e o procedemento para que os centros docentes públicos dependentes desta consellería e os centros privados concertados distribúan máscaras entre alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

Alumnado destinatario

O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22:

  1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
  2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
    a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
    b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

Presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea
matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal


Este formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:
a) No centro docente.
b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal


Prazo para presentar solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

VER MÁIS INFORMACIÓN:

Deixar un comentario

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos