Apreciadas familias,
Decembro entra con Maxia en Teo, para ir adobando o Nadal, e para elo contaremos co: 🎩✨ FESTIVAL DE MAXIA ✨🎩 organizado no Concello de Teo .
Vaise a celebrar dende o 4 ao 18 de decembro tódolos sábados no 📍Auditorio Constante Liste 📍 ás 18:00h da tarde.
🎫 De balde con reserva de entradas en entradascultura@teo.gal
No caso de que non se complete a capacidade do auditorio coas entradas, permitirase acceder sen reserva ata cubrir as prazas.
Aquí vos deixamos máis información👇🏼
