Apreciadas familias,
esta mañán a Directiva da Anpa, xunto coa Dirección do Colexio, mantivemos unha reunión coa Concelleira de Educación e Cultura – María López – para pechar as actividades e melloras solicitadas neste primeiro trimestre e enfocar as que quedan pendentes para os vindeiros meses de curso.
Aquí vos facemos un resumo das cousas nas que estamos a traballar e se realizarán:
- MELLORA PATIO PRIMARIA: solicitamos a adecuación deste patio que usan os nenos/as de primaria e os usuarios de comedor, xa que non está en condicións óptimas para o xogo.
De xeito inmediato o Concello vai a poñer area compactada en toda a superficie e en Xaneiro manteremos unha reunión cunha empresa de colocación de elementos de xogos comúns para incorporar algún neste espazo. - PINTURA E CORCHO: nas vacacións de Nadal procederase a pintar zonas do colexio que teñen moito uso de paso e que están deterioradas.
Tamén se colocarán corchos nas entradas dos dous edificios (Primaria e Infantil) para que os nenos e nenas poidan expoñer os seus traballos.
Acargo do colexio, farase unha renovación da iluminaria do centro.
Seguiremos informando das vindeiras novas nas que estamos a traballar para todo o alumnado.
Recorda!! se non eres socio/a, ainda estás a tempo!
Un saúdo,
A Directiva da Anpa Cobas