Apreciadas familias,
Todos somos coñecedores do que estas semanas estivo a acontecer na PALMA coa erupción do volcán ⛰ e as consecuencias que iso tivo nas familias, polo que dende a Anpa quixemos poñer o noso graniño de area e propuxemos ó cole realizar unha actividade solidaria, a cal foi moi ben recibida! 🥰
Puxémonos en contacto co Cabildo, o cal nos agradeceu moito a iniciativa, e todas as aulas se puxeron mans á obra para facer 🌟POSTÁIS DE NADAL🌟 e envialas ós nenos e nenas afectados polo volcán. 👏👏
Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades os seus traballos!👇👇👇👇
https://drive.google.com/file/d/19ypqoCYzNWDzj9Ei6w6ULpFOow36UHfU/view?usp=sharing
Tamén o podedes ver no noso Facebook @anpacobas.
O envío farémolo hoxe para que cheguen a tempo para o Nadal e agardamos que lles emocionen tanto coma nos emocionamos nós ó velas! 😭😍
Dende a Anpa queremos agradecer a todo o profesorado e alumnos/as a súa colaboración!❤️💙