Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos

Peche de Trimestre

Apreciadas familias,

aquí vos deixamos varias cousiñas que o cole nos fai chegar:

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

O equipo de biblioteca e o EDLG, coas achegas feitas polo profesorado e polas preferencias feitas polo noso alumnado, realizamos unha selección de libros que poden ser do interese dos nen@s. Sen dúbida o mellor agasallo!

Regalar un libro é regalar unha viaxe a outros mundos, a un mundo de fantasía.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/node/715

NADAL NO CAMIÑO

Co gallo da celebración do Nadal en consoancia co PDI. “Tilandra no Camiño”, ao longo deste mes de decembro , á proposta do equipo de EDLG e da Biblioteca programáronse diferentes actividades para o alumnado, familias e para o profesorado.

-CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Cada neno-a ou cada grupo clase aportou a súa postal realizada con diferentes materiais e técnicas. De todas elíxese unha postal entre o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de E.Primaria e outra, entre o alumnado de 4º,5º e 6º de E.Infantil e 1º e 2º de E.Primaria .

As elixidas foron unha postal colectiva do 2º B de E.P. e outra de 6º de E.P. da alumna Rosalía Longarela Santos

Ditas postais son enviadas ás familias para felicitar estas festas tan especiais.

DECORACIÓN DOS CORREDORES E DA ÁRBORE DE NADAL.

Na decoración da árbore de Nadal cabe destacar a participacióndas familias dos nosos alumnos-as aportando adornos elaborados nas casas coa temática “Nadal no Camiño”.Grazas pola colaboración.

Todo alumnado , profesorado e persoal administrativo participou aportando ideas e materiais. A decoración dos corredores ambientada no Nadal aporta alegría a todos nestes momentos que aínda seguen sendo complicados .

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/node/716

PROCEDEMENTO DISTRIBUCIÓN DAS MÁSCARAS

Os beneficiarios de máscaras, segundo a orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E), poden recollelas na secretaría do centro do 11 ao 21 de xaneiro.

Eviten o horario das entradas e saídas do alumnado, e a hora do recreo (11:30 a 12:30).

Un saúdo,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: