Apreciadas familias,
A Concellería de Educación do Concello de Teo continúa coa súa iniciativa para as familias con crianzas dende infantil ata secundaria: ESCOLA DE FAMILIAS
Este Sábado 19 de Febreiro (11.30 – 13.30h) no Auditorio da Ramallosa falaráse da regulación emocional da persoa adulta que acompaña na crianza.
Podedes anotarvos no formulario en liña da web municipal.
Tamén haberá servizo gratuito de garda e coidados das crianzas para as familias que o necesiten.
Esperamos sexa do voso agrado,
Un saúdo,
A Directiva da Anpa Cobas
