Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos

ADMISIÓN CURSO 2022-2023 e XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

INICIO PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN

01 ao 21 de marzo

NOTA INFORMATIVA ÁS FAMILIAS

1º. O alumnado só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 2º. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 4º. No caso de separación ou divorcio dos proxenitores, a solicitude de admisión deberá ser asinada por ámbolos dous.

 5º. A solicitude de admisión pode tramitarse en liña no seguinte enderezo electrónico:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE DE ADMISIÓN

O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

b) Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.

 d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

Máis información AQUÍ: http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/35991

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS O 08 DE MARZO, ÁS 16:30, CON CITA PREVIA.

Reserva no teléfono 881 866 736.

A visita será unicamente para nais/pais ou titoras/titores legais.

Na visita respectaranse as medidas de prevención e protección determinadas no Plan de Adaptación á situación COVID do centro.

Un saúdo,

A Directiva da Anpa Cobas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: