Apreciadas familias,
Actualizámosvos un pouquiño a información das cousas que estamos a facer no cole e que comentamos na última Asamblea de Socios.
𝐏𝐢𝐧𝐭𝐮𝐫𝐚: tíñamos solicitado e aprobado dende o inicio de curso a pintura das zonas máis deterioradas de uso como pasamáns, escaleiras e humidades, as cales estaban pendentes de realizar nas vacacións e xa podemos confirmar que están rematadas.
Esto é un parche temporal e polo tanto, solicitaremos a pintura íntegra do colexio, xa que presenta un aspecto moi desgastado.
𝐀𝐫𝐫𝐚𝐧𝐱𝐨 𝐩𝐚𝐭𝐢𝐨 𝐮𝐬𝐨 𝐩𝐫𝐢𝐦𝐚𝐫𝐢𝐚 – 𝐜𝐨𝐦𝐞𝐝𝐨𝐫: estamos vendo co Concello varias opcións para arranxar a adecentar para o uso do alumnado este patio, xa que non está en condición óptimas para o xogo debido ó desgaste que presenta e zonas de deterioro.
Dende Nadal temos aprobada a renovación do solo por parte do Concello, pero esto estase retrasando un pouco por causas axenas á Anpa.
Seguimos traballando para que canto antes os nenos e nenas teñan un espazo lúdico atractivo e óptimo.
𝐂𝐨𝐧𝐬𝐞𝐫𝐱𝐞: tras a xubilación do antigo conserxe Daniel á volta de Nadal e tras estar uns días sen o servizo, dende a Anpa solicitamos ó Concello que cubrise o posto canto antes porque é un servizo esencial e necesario no colexio.
Ata a semana pasada tivemos un de xeito provisional, pero xa podemos confirmar que a semana pasada comezou o conserxe definitivo en horario 8-15h e Martes pola tarde.
𝐏𝐚𝐬𝐚𝐫𝐞𝐥𝐚 𝐝𝐞 𝐮𝐧𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨𝐬 𝐝𝐨𝐮𝐬 𝐞𝐝𝐢𝐟𝐢𝐜𝐢𝐨𝐬 (𝐩𝐫𝐢𝐦𝐚𝐫𝐢𝐚 + 𝐢𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢𝐥): Solicitamos varios presupostos e estamos á espera do proxecto final para facer unha pasarela que una os dous edificios e evite que os nenos e nenas se mollen, especialmente na hora da entrada e saída.
Este proxecto será presentado á Consellería de Educación para que valide a execución da obra.
Este mes solicitaremos tamén á Xunta de Galicia que volva a retomar a petición realizada o ano pasado sobre o 𝐜𝐚𝐦𝐛𝐢𝐨 𝐢́𝐧𝐭𝐞𝐠𝐫𝐨 𝐝𝐨 𝐭𝐞𝐥𝐥𝐚𝐝𝐨 𝐝𝐨 𝐜𝐨𝐥𝐞𝐱𝐢𝐨, xa que hai un informe técnico que abala o deterioro que presenta.
Tamén apoiaremos e volveremos a facer a petición da 𝐚𝐦𝐩𝐥𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨 𝐧𝐮́𝐦𝐞𝐫𝐨 𝐜𝐨𝐦𝐞𝐧𝐬𝐚́𝐢𝐬 𝐞 𝐫𝐞𝐜𝐢𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐨 𝐜𝐨𝐦𝐞𝐝𝐨𝐫 para que así se poidan cubrir as necesidades de todas as familias do colexio, xustificando que 40 usuarios quedaron fora deste servizo e facendo incapé nos problemas de conciliación que voltamos a ter un ano máis.
Aproveitamos a ocasión para saudarvos,
A Directiva da Anpa Cobas