Volvemos a recuperar a publicación da Policía Local de Teo que fixo en Xaneiro 2021 para RECORDAR a prohibición de circulación nos horarios de saída e entrada no centro escolar.
Prácticamente todas as semanas estamos tendo incidencias cos coches que suben a velocidade elevada en algún dos turnos de entrada ou saida dos nenos/as no colexio e cando xa estamos esperando na carretera a , polo que hoxe solicitamos o reforzo desta sinalización coa:
– Colocación de sináis que indiquen que se trata dunha zona escolar
– Resaltar mediante aviso lumínico ou con sinais máis grandes os horarios de prohibición de paso.
Agardamos que con isto se solventen as incidencias e agradecemos á Policía Local de Teo a vixianza efectuada no colexio.



Un saúdo,
A Directiva da Anpa Cobas