O Luns 25 de abril, celebramos no colexio O Día do libro. Programáronse distintas actividades para o alumnado nesta semana.
-Lectura na carballeira co apadriñamento de lectores.
Foi un día de encontro entre o alumnado maior do colexio e os pequerrechiños. Por fin de novo a lectura na carballeira co apadriñamento de lectores.
O tempo acompañounos e o alumnado desfrutou dunha hora de lecer, compartindo a lectura cos máis cativos.



