Apreciadas familias,
Dende a Federación de ANPAS infórmanos da charla que terá lugar no seu local, “RACHANDO ESTEREOTIPOS: CARA A UNHAS MASCULINIDADES AGARIMOSAS”, da man da cooperativa Rexenerando, dirixida ás nais, e especialmente ós pais, do alumnado de educación infantil, primaria e secundaria.
Nela abordaranse as masculinidades igualitarias, coa intención de promover a reflexión sobre a masculinidade hexemónica e o papel dos homes na acción pola igualdade real na nosa sociedade.
DÍA: O vindeiro 7 de novembro
LUGAR: Rúa Estocolmo 8 Baixo (Fontiñas)
HORARIO: 18:00 Horas
Importante!! Requírese inscrición previa na seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeW2563aVB2fx1hyr5TUdNXvU3ZXubbi7oAjCdsUeiePfHxeA/viewform

Un saúdo,