Día de festa, xa que, a nosa nova biblioteca comezou a camiñar. 🥳🤩
Contamos cun novo espazo máis amplo e adaptado ás necesidades do alumnado.

🧒👧Os nenos e nenas de sexto realizaron un gran traballo, colaborando no reto que supuxo trasladar e dar forma a unha biblioteca dinámica, con diversos servizos e recursos, onde os nenos e nenas do colexio atopen múltiples oportunidades de aprendizaxe, expresión e creación.
⏰ Establécese un horario semanal para que cada grupo-aula desenvolva as actividades educativas que considere oportunas .
O alumnado de 6º de Educación Primaria participará activamente colaborando e ordenando os libros nos andeis (todos os días na hora do recreo acoden 4 alumn@s) e informarán ao resto do alumnado como debe actuar cando visiten á Biblioteca.

📜 Actividades realizadas no mes de outubro:
🔸Entrega das bibliocaixas ás aulas.
🔸Formación de usuarios por parte dos colaboradores da biblioteca.
🔸Exposición de libros relacionados co PDI.
🔸Marcadores para o alumnado.
🔸Cartaz do PDI: Diferentemente iguais.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/node/802
#anpacobas #ceipostilos

