O pasado xoves,3 de novembro, tivemos o privilexio de contar cunha visita moi especial no cole, a do enxeñeiro forestal Diego de Vallejo, máis coñecido por ser tamén o youtuber Poty Ambienturas.
🌳A través da súa canle, achega ás nenas e nenos moitos coñecementos sobre a fauna, a flora e o medio ambiente.
Da súa man, o alumnado dos Tilos puido aprender, entre outras cousas, a diferenciar serpes velenosas 🐍 de outras que non o son, que bioindicadores nos axudan a saber se a auga é potable 🧪ou incluso a camuflarse no monte.
Moitas grazas Poty e volve cando queiras!
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/node/807
#anpacobas
#ceipostilos
