O pasado 25 de novembro, a rapazada de 6º tivemos a gran sorte de recibir a visita das regueifeiras Lupe Branco e Cristian de Burela, dentro do programa “Enreguéifate” do que formamos parte.
E dende o primeiro momento, non houbo tempo ao aburrimento porque a regueifa invadiu cada recuncho da nosa Biblioteca. Primeiro, coas súas coplas, leváronnos da man a través da historia deste xénero de tradición oral e das súas características para despois, converternos en regueifeiros, elaborando as nosas rimas, botando “bombas” e regueifando sobre o escenario.
Agora, xa só nos resta deixar voar a imaxinación.
Grazas pola vosa visita!
#anpacobas #ceipostilos
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/node/824