A ANPA é a Asociación de Nais e Pais de Alumnos.
Somos un grupo de pais e nais preocupados pola experiencia escolar dos nosos fillos e fillas nestes primeiros anos tan importantes para eles.
Constituimos unha asociación sen ánimo de lucro co fin de facer notar a voz dos pais e nais no centro escolar.
Traballamos de xeito altruista para xestionar o funcionamiento dos servizos necesarios no noso colexio, para mellorar o contorno e as estruturas e infraestruturas do colexio e para levar a cabo actividades que fagan máis agradables estes importantes anos para os nosos fillos e fillas.
O noso centro ten unha estrutura especial, debido ao abrupto do terreo no que se atopa, dando orixe a un montón de desniveis e tramos de escadas.
Esta directiva considera importante a dispoñibilidade de diferentes opcións para os pais e nais á hora de recoller e deixar aos nenos.
Por este motivo, puxemos en marcha o servizo de espera para aqueles pais e nais que precisan 15 ou 20 minutos máis de marxe e non lles interesa deixar aos nenos no comedor., actualmente, conseguimos que sexa un servizo xestionado polo Concello.
Todas as actividades que levamos a cabo durante o ano teñen como obxectivo mellorar o centro e a experiencia educativa dos nenos e nenas.
Algunhas das actividades serven para recadar fondos que permitan a realización de outras. De aí a importancia de facerse socio.
A cota de socio permite a realización de actividades como a presenza dos paxes reais, o agasallo aos alumnos de 6º, a festa de fin de curso, cursos e coloquios, festivais, material educativo…. Cantos máis sexamos, máis cousas poderemos facer.
A forza que temos ante os órganos de goberno locais e rexionais radica no número de pais e nais aos que representamos. Isto quere dicir que cantos máis sexamos máis presión poderemos exercer ante o Concello e a Xunta para acadar as melloras necesarias no centro e no seu contorno.
É importante que todas as familias se fagan socias para aumentar a forza da ANPA. Na seguinte ligazón atoparás un PDF coa ficha de inscripción como socio e socia, cubrea e fainola chegar. Faite socio/a!