O servizo das Bibliotecas Municipais de Teo, convoca un 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐫𝐜𝐚𝐩𝐚́𝐱𝐢𝐧𝐚𝐬 para fomentar a lectura, no mes no que se celebra o día do libro
Poderán concursar todos os nenos e nenas que estean empadroados no Concello de Teo, e estableceránse 4 categorías:
Infantil ( de 3 a 5 anos )
1º, 2º e 3º de primaria ( de 6 a 8 anos )
4º, 5º e 6º de Primaria ( de 9 a 12 anos )
Secundaria e Bacharelato ( de 13 a 17 anos )
O prazo de presentación iniciarase o 29 de Marzo e rematará o vindeiro 9 de Abril
As obras presentaranse nos modelos en cartón deseñados para tal fin, que se poden recoller nas Bibliotecas Municipais e tamén se repartirán nos centros escolares do Concello.
O tema para debuxar no marcapáxinas é aberto pero ten que gardar relación coa lectura, cos libros ou coas bibliotecas. Os/as artistas poderán empregar a técnica que prefiran, sempre e cando poidan ser reproducidas.
Os marcapáxinas póderanse entregar nos centros educativos ou nas bibliotecas municipais:
Na Biblioteca do Grilo ou na Biblioteca dos Tilos.
Elexirase un marcapáxinas por cada unha das categorías, e imprimiranse como marcapáxinas oficiais do Concello durante este ano. Ademais en cada categoría haberá un premio que consistirá nun lote de libros.