Apreciadas familias,
Esta semana puxemos fin ó curso 20-21 e dende a ANPA Cobas non queríamos pechar esta etapa sen antes agradecer e dar a nosa noraboa a todo o profesorado e alumnos por este ano tan exemplar
Comezamos en Setembro con moitos medos, incertidumes e nervios ocasionados pola pandemia que estamos a vivir e é aquí cando temos que agradecervos que fixérades que pouco a pouco colléramos confianza e tranquilidade.
A vós, os nosos pequenos e pequenas , grazas por cumprir tan ben a normativa e protocolos de seguridade, por aguantar máis de 5h de mascarilla, polo xel, pola distancia, polo gran exemplo que nos demostrástedes ós maiores
Ó profesorado , grazas polo voso esforzo, por facer do cole un lugar seguro e por facer que os nenos e nenas recuperaran algo da “normalidade” que esta pandemia lles quitou
𝐒𝐞𝐧 𝐝𝐮́𝐛𝐢𝐝𝐚, 𝐞𝐬𝐭𝐞 𝐟𝐨𝐢 𝐮𝐧 𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐌𝐀𝐓𝐑𝐈́𝐂𝐔𝐋𝐀 𝐃𝐄 𝐇𝐎𝐍𝐑𝐀 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐭𝐨𝐝𝐨𝐬 𝐯𝐨𝐬, 𝐧𝐞𝐧𝐨𝐬, 𝐧𝐞𝐧𝐚𝐬 𝐞 𝐩𝐫𝐨𝐟𝐞𝐬
Desexámosvos un merecido Feliz Verán e … vémonos en Setembro coas pilas cargadas
Unha aperta
A Directiva da Anpa Cobas