Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ONLINE Curso 21-22

Apreciadas familias,

O vindeiro curso 21-22 preséntase cos mesmos protocolos de seguridade para a Covid-19, polo que as actividades extraescolares presenciais no colexio non estarán recomendadas.

Por este motivo, estivemos mirando algunhas alternativas interesantes que se poden facer de xeito ONLINE, como é o caso de: PROGRAMACIÓN E ROBÓTICA

Podedes consultar as actividades ofertadas no link https://auladesafio.com/colegios/ , e unha vez dentro pulsar na pestaña de Extraescolares ONLINE.

A oferta é a seguinte:

(non son os mesmos precios que aparecen na web):

  • BONO10: Ata 10 alumnos (independente da actividade online no que se matriculen: 139,95 €/mes  (precio a abonar pola entidade ou proporcionalmente entre os alumnos finalmente matriculados).
  • BONO20: Entre 11-20 alumnos (independente da actividade online no que se matriculen: 239,95 €/mes (precio a abonar pola entidade ou proporcionalmente entre os alumnos finalmente matriculados).
  • BONO30: Entre 21-30 alumnos (independente da actividade online no que se matriculen: 299,95 €/mes (precio a abonar pola entidade ou proporcionalmente entre os alumnos finalmente matriculados).
  • MATRÍCULA: 10,00 €/ano por alumno matriculado, independente da actividade online e/ou BONO adquirido.

As actividades ONLINE teñen as seguinetes características:

  • Grupos de máximo 12 alumnos (poderán escoller entre os diferentes horarios disponibles).
  • Os grupos poden estar foramdos por alumnos de diferentes centros educativos.
  • Os alumnos terán acceso á nosa plataforma de formación onde poderán traballar ao seu ritmo co material dispoñible (videotutoriais, PDFs, exercicios, etc).
  • As clases online en directo co profesor, serán de 1h/semana, e un total de 30 clases garantizadas por curso (entre outubro e maio)

De non ter suficientes inscritos para adquirir un Bono, sempre se poden inscribir de xeito individual coas tarifas que aparecen na web.

No caso de estar interesados, tedes que contactar con hola@auladesafio.com //

+34 615 87 38 37 indicando que sodes da Anpa Cobas – Colexio Os Tilos.

Na súa páxina web https://auladesafio.com/extraescolares-online/ podedes ver as diferentes actividades que ofertan (os prezos para membros da Anpa serían outros)

Lembrade tamén que tedes ofertadas nun mail anterior as clases presenciais de Inglés en A Casa das Linguas a precios reducidos por ser socios da Anpa Cobas – Ceip Os Tilos.

Un saúdo

A Directiva Anpa Cobas

One thought on “ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ONLINE Curso 21-22

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: